El Correo Gallego

Noticia 83 de 207 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Adxudicación provisional da pavimentación e instalación de pluviais en Corrubedo

E. P.   | 07.05.2019 
A- A+

Ribeira. O Concello de Ribeira informou da adxudicación con carácter provisional das obras de pavimentación e instalación d­unha liña de pluviais nun tramo da rúa Torreiro en Corrubedo.

Entre as once ofertas presentadas, a obra recaeu na empresa Excavaciones Nima. S.L.. Supón un investimento de 22.649 euros, IVE incluído. O prazo de execución son dous meses.

Actualmente o pavimento da zona de actuación atópase deteriorado e carece de rede separativa de alcantarillado, existindo un único colector de pvc polo centro da rúa que conduce as aguas ao bombeo do porto, e de aí a EDAR de Corrubedo, pero no que non están conectadas as acometidas domiciliarias.

O obxectivo é mellorar o pavimento da rúa Torreiro e conectar as acometidas domiciliarias de augas residuais ao colector, e instalar unha rede independente para a recollida de augas pluviais.

Con tal fin, no que respecta ao saneamento executaranse sete acometidas, mentres que para pluviais se instalarán sesenta metros de tubería de pvc corrugado, catro pozos de revistro, outras tantas arquetas sumidoiro e catro acometidas.