El Correo Gallego

Noticia 15 de 273 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Adxudicadas as obras de renovación de beirarrúas na AC-550 en Ribeira

M. T.   | 22.10.2019 
A- A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por case 250.000 euros as obras de renovación de beirarrúas e pluviais na estrada autonómica AC-550 ao seu paso polo Concello de Ribeira, entre Padín e Deán Pequeno.

Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L., teñen un prazo de execución de tres meses. O departamento de Infraestruturas programa o inicio dos mesmos, que atendendo ás condicións climatolóxicas poderán iniciarse a finais de ano ou principios do 2020.

Por outra banda, O Concello de Ribeira informou de que saíu a contratación unha actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na estrada da Perdigoteira, na parroquia de Artes. A obra ten un orzamento de licitación de 76.544 €. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratos de Galicia ata o día 28.