El Correo Gallego

Noticia 55 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Adxudicarán cinco pisos de protección en Ribeira

M. T. RIBEIRA   | 13.07.2019 
A- A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), vén de iniciar o procedemento para a adxudicación de cinco pisos de promoción pública (VPP) que se atopan dispoñibles no Concello de Ribeira e que serán sorteadas entre os demandantes inscritos no rexistro oficial na capital barbanzana. Así o acaba de acordar a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, que se reuniu tamén para aprobar as listas dos adxudicatarios dun total de oito VPP nos municipios de Ferrol e Mañón, onde se repartirán seis e dúas vivendas respectivamente. As listas definitivas serán publicadas na web do IGVS e remitiranse aos corresponden concellos para a súa publicación nos taboleiros de anuncios.