El Correo Gallego

Noticia 185 de 210 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Amplían os servizos de A Creba grazas a unha achega

E. P.   | 05.03.2019 
A- A+

Ribeira. A Asociación Saúde Mental A Creba, amplía os seus servizos na comarca do Barbanza grazas á axuda financieira do Banco Sabadell-Gallego.

Foi a demanda constante de atención nos recursos asistenciais do centro -no 2018 houbo un total de 14- polo que a entidade vén de ampliar o seu local mercando un baixo contiguo ao actual, na rúa Abesadas, o cal xa está sendo acondicionado. Hoxe tivo lugar a firma do contrato de compra, polo que pronto inaugurarán as instalacións.

Con estas achegas o banco ten como finalidade mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidades mentais, coidadores e colectivos en risco de exclusión social como persoas con discapacidade.