El Correo Gallego

Noticia 3 de 178 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Antonio Piñeiro, gañador do premio de novela de Ribeira

Según o xurado, a obra 'Celada' contribúe "á recuperación da nosa memoria histórica recente"// Está dotado con 3.000 €

Pola esquerda, Antonio Tizón, Manuel Ruiz, Francisco Losada e Antonio Piñeiro - FOTO: C.R.
Pola esquerda, Antonio Tizón, Manuel Ruiz, Francisco Losada e Antonio Piñeiro - FOTO: C.R.

SUSO SOUTO RIBEIRA   | 31.05.2019 
A- A+

O escritor ribeirense Antonio Piñeiro converteuse no primiero autor local que gaña o VII certame de novela que convoca o Concello (dotado con tres mil euros), coa obra Celada.

O portavoz do xurado, Antonio Tizón, destacou que o relato "contribúe á recuperación da nosa memoria histórica máis reente. En concreto, a dos últimos anos do franquismo, os inicios dos 70. E faino dende a perspectiva das revoltas estudantís que se produciron nunha época en Santiago".

Engadiu que "é unha novela política e poética, narrada por un personaxe colectivo, unha voz anónima que fala no nome de tantos homes e mulleres do seu tempo e do seu espazo e coa mesma naturalidade da vida cotiá do franquismo agonizante que de fitos históricos tráxicos".

Francisco Losada (responsable da editorial Xerais, que publicará o libro a vindeira primavera) indicou que "aborda un xénero moi específico, a narrativa curta" e destacou a "traxectoria recoñecida" de Piñeiro, quen, por certo, vén de facerse tamén esta semana co premio de narrativa breve do Concello de Curtis.

O alcalde, Manuel Ruiz, lembrou que nesta edición presentáronse once aspirantes e eloxiou ó autor, de quen dixo "acumula xa máis de corenta distincións literarias e unha longa lista de publicacións".

Por outra banda, 19 alumnos dos colexios de Artes, O Grupo, Frións, Heroínas de Sálvora de Aguiño, Palmeira, A Milagrosa de Castiñeiras, Galaxia e Bayón resultaron premiados no XVII Concurso Literario das Letras Galegas, ó que se presentaron 550 traballos. Os gañadores foron: Enma da Silva Vidal, David Sotelo, Diego Pérez Cordido, Hugo Beltrán, Amina Boumhara Farhane e Olaia Fontela Santamaría (na modalidade de prosa); Xurxo Lustres Sixto, Laura Pérez; Rebeca García Basoco, Alejandra Olveira Rivas, Salvador Saíñas Paz e Daniel Barreiro Santos (na de poesía, cun accésit para María Carracedo González); e Paula Queiruga García, Tomasa Franco Martínez, Arancha Domínguez Sampedro, Íker Laíño Rivas, Lidia Brión Queiruga e Ana Llovo Martís (en cómic).