El Correo Gallego

Noticia 70 de 207 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Barbanza reuniu aos empresarios no Foro Clave Construtiva

Francisco Conde avogou onte en Ribeira por manter o actual crecemento desta actividade

Francisco Conde (3º esquerda) participou onte no I Foro Clave Construtiva.  - FOTO: ECG
Francisco Conde (3º esquerda) participou onte no I Foro Clave Construtiva. - FOTO: ECG

ESPERANZA POUSO   | 16.05.2019 
A- A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, incidiu onte no I Foro Clave Construtiva, celebrado no Centro Empresarial da Construción do Barbanza, en Ribeira, na importancia de que este sector manteña a senda actual "de crecemento sustentable e ordenado".

Neste sentido, explicou que a construción medra tanto en termos de emprego como de actividade e sinalou que a Xunta apoia este desenvolvemento a través do impulso á creación de empresas, na oferta formativa e na promoción da prevención. Ademais, o titular de Industria insistiu na relevancia de contar con traballadores cualificados, polo que é preciso ofrecer unha formación adaptada ás necesidades reais.

Por outra banda, Conde convidounos a traballar coa Administración para mellorar aspectos como a seguridade e referiuse á aposta que se está a facer, tanto en materia de rehabilitación como de eficiencia enerxética, para construír edificacións máis eficientes.