El Correo Gallego

Noticia 56 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Campa ve o deporte como unha ferramenta para a inclusión social

Participou en Ribeira na entrega de premios da Carreira pola Diversidade que organiza Ambar

Gañadores e autoridades posan xuntos trala entrega dos premios.  - FOTO: ECG
Gañadores e autoridades posan xuntos trala entrega dos premios. - FOTO: ECG

REDACCIÓN  | 15.07.2019 
A- A+

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, salientou onte a importancia que ten o deporte como ferramenta de inclusión e para fomentar autoestima das persoas con discapacidade. Díxoo no acto de entrega de trofeos ás persoas que participaron na quinta edición da Carreira pola Diversidade organizada pola asociación Ambar, entidade que traballa en favor do benestar das persoas con diversidade funcional e as súas familias.


Campa sinalou que este tipo de eventos, ademais de dar máis visibilidade ás persoas con discapacidade, axudan a que a sociedade en xeral tome conciencia e a que se rompan as barreiras e prexuízos que aínda persisten. Ademais, enxalzou o compromiso de entidades como Ambar no eido da inclusión social. Por último, garantiu a continuidade do apoio da Xunta ao tecido asociativo que actúa no ámbito da atención á discapacidade, e avogou por avanzar no traballo conxunto e coordinado.