El Correo Gallego

Noticia 112 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Charla sobre autorizacións de residencia o 23 en Ribeira

M. C.   | 10.05.2019 
A- A+

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Ribeira van desenvolver o vindeiro xoves 23 de maio, ás 11.00 horas, no viveiro de empresas unha sesión informativa sobre autorizacións de residencia para persoas inmigrantes.

Trátase dunha información básica introdutoria, destinada tanto ás persoas inmigrantes e os seus familiares, como a persoal técnico ou voluntario, e tamén ás empresas que queren facer un precontrato a unha persoa estranxeira. A encargada de impartir a charla será a avogada especializada que está a facer o asesoramento xurídico do programa de Atención de Inmigrantes do Concello ribeirense.

Esta actividade adscríbese a unha operación cofinanciada polo Fondo Social Europeo da UE e a Xunta de Galicia. Debido ao aforo, todos os interesados en participar deben inscribirse previamente. No caso de superar a capacidade máxima, cambiarase para outro emprazamento.