El Correo Gallego

Noticia 186 de 239 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Charla sobre a comunicación positiva no colexio palmeirán

SUSO SOUTO RIBEIRA  | 20.03.2019 
A- A+

O CEIPP de Palmeira (Ribeira) acollerá hoxe ás 16.00 horas unha charla sobre comunicación positiva dirixida a toda a comunidade educativa. Está organizada pola ANPA do centro no marco dun ciclo que xa abordou a temática do acoso escolar.

Para facilitar a conciliación familiar e a asistencia do maior número posible de pais e nais, ofrecerase un servizo de monitores que xogarán cos alumnos durante a actividade. A poñente será Raquel Pedrouso, que centra o seu traballo no campo do coaching e a facilitación da aprendizaxe persoal. Ten unha gran experiencia en colexios e outras institucións e ensinará ás familias a fomentar unhas boas relacións no fogar.