El Correo Gallego

Noticia 8 de 305 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

RIBEIRA

Charla sobre os plans xuvenís a nivel europeo

S. SOUTO   | 27.02.2020 
A- A+

O Espazo Xuvenil de Ribeira, situado no primeiro andar do mercado de abastos, vai albergar este venres a partir das sete da tarde unha charla informativa sobre programas da Xunta de Galicia dirixidos á mocidade. Entre outros temas, abordaranse distintos programas europeos ou oportunidades en Europa, tales como os campos de voluntariado internacionais, Galeuropa (Mobilidade Europea), Corpo Europeo da Solidariedade, ou como ir de intercambio co programa Erasmus Plus.

Ao remate do acto tamén se falará do programa Iniciativa Xove, que permita aos mozos e mozas ter a oportunidade de poñer en marcha os seus proxectos cunha axuda de cinco mil euros. A entrada para participar nesta actividade é libre e gratuíta.