El Correo Gallego

Noticia 116 de 207 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Cincuenta ribeirenses na charla de herdanzas da USC

FOTO: ECG
FOTO: ECG

C.E.   | 12.04.2019 
A- A+

Medio cento de maiores do Concello de Ribeira iniciaron a terceira edición do ciclo Camiños de Coñecemento e Experiencia, organizados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). A iniciativa arrancou coa charla A herdanza: sucesión por causa de morte segundo o Dereito galego e o estatal, e impartiuna o profesor de Dereito Xaime Manuel Requeixo Souto no centro cultural Lustres Rivas.