El Correo Gallego

Noticia 198 de 209 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Cita coa París de Noia o 13 de abril na Festa da Xuventude

Actuará no renovado Paseo do Malecón e tamén se fichou para setembro a Panorama

S. S.   | 26.02.2019 
A- A+

Ribeira. Dúas das orquestras máis prestixiosas de Galicia actuarán este ano na cidade de Ribeira: París de Noia e Panorama. Así o anunciou o alcalde, Manuel Ruiz, quen recordou o compromiso do goberno municipal co sector hostaleiro "para que, como mínimo, puidese recuperar ao longo do ano aquilo que puideran perder a raíz de que o luns de Entroido deixase de ser festivo local", sinalou.

Así, a emblemática formación noiesa será o prato forte da Festa da Xuventude que o Concello está organizando para o sábado 13 de abril, e que incluirá tamén outras propostas de cultura urbana, deportiva e musical. O espectáculo terá lugar no Paseo do Malecón, agora que a remodelación do casco urbano (ampliando o espazo peonil) permite facer alí actuacións desta envergadura.

E o mesmo lugar será escenario da actuación da Panorama, que xa está contratada para o mércores 11 de setembro, véspera do día de Santa Uxía, patroa da cidade e festividade local.

O rexedor ribeirense resaltou igualmente a intención de seguir contribuíndo á dinamización de bares, cafeterías e restaurantes con todo tipo de actividades, tanto de ocio nocturno como diurno, como sucederá ca programación para rendir culto a don Carnal, que se estenderá ata a fin de semana posterior ó da súa celebración.