El Correo Gallego

Noticia 45 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Comezan os campamentos de conciliación en Ribeira con 160 participantes

FOTO: ECG
FOTO: ECG

M. T.   | 02.07.2019 
A- A+

Os campamentos Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer organizados polo Concello de Ribeira comezaron onte no colexio O Grupo coa participación de 160 rapaces. A concelleira de Cultura, María Sampedro, desprazouse ata o centro para comprobar o arranque dunha acción formativa que se prolongará durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, co fin de facilitar a conciliación familiar e laboral.