El Correo Gallego

Noticia 11 de 298 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Concurrido castin ribeirense para o taller de curtas sobre a arte xacobea

Varios mozos e mozas repartíronse postos para dirixir, decorar, gravar ou interpretar

Dúas participantes no obradoiro de curtas de Ribeira - FOTO: C.R.
Dúas participantes no obradoiro de curtas de Ribeira - FOTO: C.R.

S.S.   | 12.02.2020 
A- A+

O obradoiro de curtas que baixo o paraugas do Xacobeo está a ter lugar no Espazo Xuvenil de Ribeira (sito no edificio do mercado) empeza a cobrar forma, e unha ducia de rapaces e rapazas animáronse a tomar parte no cásting que, tras a primeira toma de contacto da fin de semana anterior, serve de arranque para un workshop que se prolongará ata abril.

No encontro, os mozos e mozas (algúns deles pertencentes a grupos de teatro escolar do municipio) asistiron a unha proba na que se repartiron diferentes roles, como aprendices de cámara, directores, escenógrafos ou actores e actrices. Así mesmo, escolleron distintas localizacións, como A Ameixida ou O Touro. Cómpre lembrar que no transcurso deste taller realizarase un episodio piloto vencellado ao Camiño de Santiago que, baseándose na obra Pórtico da Gloria, de Villaamil, dará pé ao estudo das obras de arte xacobeas, con especial fincapé nas que nos rodean á ruta de Santiago que nace en Corrubedo (A Orixe).

Do cadro ao vídeo, do intre ao movemento, os asistentes irán indagando no contexto da obra plástica, como as circunstancias que levaron á creación do intre reflectido na mesma.