El Correo Gallego

Noticia 152 de 240 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Concurso sobre a reciclaxe dos aparellos eléctricos

María Cruz Ferreira, detrás, segunda pola dereita, co alcalde, Manuel Ruiz, flanqueados por dúas mestras da EEI A Capela e cun grupo de escolares ante os personaxes de Os Bolechas, onte na presentación do concurso de debuxo escolar, en Ribeira - FOTO: Xunta

SUSO SOUTO RIBEIRA  | 09.04.2019 
A- A+

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, presentou onte na EEI A Capela de Carreira (Ribeira) un concurso de debuxo dirixido a escolares de Infantil e Primaria de toda Galicia para incidir na importancia de realizar unha correcta reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, tanto para garantir a saúde do planeta como pola propia. Trátase dunha campaña de sensibilización ambiental impulsada pola Consellería de Medio Ambiente en colaboración cos personaxes de Os Bolechas, a popular colección de libros infantís. O prazo para participar, individual ou colectivamente, é do 6 ó 31 de maio. O centro gañador elixirase por sorteo e recibirá 3.000 euros para actividades educativas.