El Correo Gallego

Noticia 11 de 233 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

RIBEIRA

Corrubedo acolle un campo internacional de voluntariado

M. T.   | 07.06.2019 
A- A+

Coorganizado polo Concello de Ribeira e a Consellería de Política Social, o municipio ribeirense vai dar cabida entre os días 15 e 26 de agosto a un campo internacional de voluntariado. Foi presentado onte polo concelleiro de Xuventude, David Fernández, xunto ao técnico Mario Vidal, e pretende dar continuidade aos xa realizados, focalizando o seu labor principalmente no parque natural de Corrubedo.