El Correo Gallego

Noticia 44 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Curso de manipulación de produtos do mar en Ribeira

Participantes na acción formativa impartida en Ribeira os días 26 e 27 de xuño - FOTO: ECG
Participantes na acción formativa impartida en Ribeira os días 26 e 27 de xuño - FOTO: ECG

SUSO SOUTO   | 01.07.2019 
A- A+

O Concello de Ribeira ven de celebrar o acto de clausura dun curso de manipulación de produtos do mar organizado en colaboración coa asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos, a obra social la Caixa e o Fondo Social Europeo no marco do Programa +Empleo. Un total de oito mulleres en risco de exclusión recibiron durante dúas xornadas (os días 26 e 27 de xuño, de dez da mañá a unha da tarde) clases de manipulación de produtos do mar para mellorar a empregabilidade nun nicho de traballo existente na comarca do Barbanza como é o traballo nas fábricas. A nova concelleira de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade, Ana Ruiz Reiriz, foi a encargada de entregar os correspondentes diplomas.