El Correo Gallego

Noticia 50 de 147 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Denuncian o mal estado de dous sumidoiros cheos de area en Aguiño

S.S.   | 25.03.2019 
A- A+

O concelleiro do grupo socialista na Corporación municipal de Ribeira Manuel Antonio García Pérez presentou unha iniciativa na que denuncia o mal estado dos sumidoiros da rúa Falcoeiro, na parroquia de Aguiño, que, según explica, están cheos de area, o que imposibilita a súa misión de recolleita de augas pluviais ao encontrarse obstruidos.

Segundo sinala, "esta situación provoca as molestias dos veciños que pasan polo lugar, concretamente rapaces e rapazas do colexio Heroínas de Sálvora, que transitan por alí a diario".

O edil considera que esta problemática "evidencia a falta de mantemento por parte da empresa concesionaria do servizo, quizás por desidia, por indiferencia ou por falta de previsión" e insta ó goberno local ribeirense a facer as xestións oportunas para habilitar e manter en bo uso as dúas mencionadas instalacións.