El Correo Gallego

Noticia 11 de 273 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Heredeiros da Crus saca disco tras 6 anos e actuará en Londres e Suiza

Volve a banda de Ribeira con 'Derretidos', que se presenta o venres en Arrecife

Integrantes do grupo ribeirense Heredeiros da Crus - FOTO: H.
Integrantes do grupo ribeirense Heredeiros da Crus - FOTO: H.

S. S.   | 08.10.2019 
A- A+

Despois de case seis anos de silencio discográfico, o grupo ribeirense Heredeiros da Crus volve cun novo traballo e inicia unha xira que o levará fóra de España.

Baixo a produción de I­ago Lorenzo, a banda lanza Derretidos, formado por doce temas nos que, sen renunciar o seu espíritu propio, define un son máis contundente e atemporal.

As reminiscencias dos 70 deste disco prometen novos himnos para os siareiros máis acérrimos e supoñen unha firme aposta polo achegamento ao rock máis internacional.

A formación presentará o seu álbum no Arrecife en Vivo (Arrecife) o vindeiro venres día 11, para logo adentrarse nunha intensa tourné por Londres (2 de novembro), Barcelona (9), Madrid (23), Santiago (30) e Ginebra (7).

O grupo está integrado por Francisco Javier Vázquez Maneiro, Antonio Novo Suárez, Antón Axeitos Ares (Tonhito de Poi), Francisco Javier Velo Cambeiro e Manu Rey

La banda formouse en 1992 e ensaiaba nun galiñeiro de Castiñeiras. Ese mesmo ano ofreceu o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna e no ano 1994 publicou A Cuadrilla de Pepa a Loba.