El Correo Gallego

Noticia 138 de 148 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Homenaxe ribeirense a Rosalía de Castro con moitos actos

S. S.   | 26.02.2019 
A- A+

RIBEIRA Numerosos veciños animáronse a festexar en Ribeira o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha lectura pública na praza consistorial, amenizada polo grupo de música tradicional Andavía. Participaron tamén o alcalde, Manuel Ruiz, e varios edís. Un contacontos, unha representación teatral e unha exposición de libros na biblioteca contribuíron tamén a celebrar a efeméride.