El Correo Gallego

Noticia 97 de 209 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Instalan novas reixas de pedra na pista deportiva do Touro

SUSO SOUTO RIBEIRA   | 26.04.2019 
A- A+

O Concello de Ribeira está instalando reixas de pedra na pista deportiva do Touro que substitúen ás metálicas, moi deterioradas e oxidadas. A proximidade do mar fixo aconsellable este cambio nos materiais para facer a estrutura máis resistente e harmonizar co peche da pista, tamén de pedra. A inversión é de 10.000 €.