El Correo Gallego

Noticia 189 de 240 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Instalan unha caseta de xogos no espazo inclusivo do colexio O Grupo de Ribeira

S. S.   | 19.03.2019 
A- A+

O responsable da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Ribeira, Jesús Cartelle, fixo entrega ao colexio O Grupo dunha caseta construída polos alumnos do módulo de carpintería coa fin de contribuír ao proxecto sobre espazos inclusivos que está a desenvolver este centro educativo. A estrutura foi instalada no patio da escola e, nada máis principiar o recreo, os nenos e nenas demostraron a súa ilusión ante tal novidade facendo uso da mesma. Foi realizada ao longo de dúas semanas por un equipo de nove usuarios e usuarias do citado taller. Os materiais cos que foi fabricada están especificamente adaptados ás necesidades escolares. O director, Anxo Corbelle, agradeceu esta colaboración, en tanto que a profesora Nieves Lampón explicou as liñas mestras do mencionado programa e avogou por que se estenda a todos os centros educativos do municipio. Dende dita unidade estase traballando xa noutra iniciativa solidaria para colaborar co mundo do ensino: a construción dos stands da Feira da Educación que se celebrará na localidade ribeirense o vindeiro mes de abril.