El Correo Gallego

Noticia 29 de 60 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Licitan obras de mellora en vías de Agro do Areal e Carolo

S. S.   | 13.03.2019 
A- A+

Ribeira. O Concello de Ribeira acaba de licitar as obras de pavimentación e instalación de redes de pluviais en Agro do Areal e Carolo, na parroquia de Palmeira. Na actualidade, o firme da primeira vía é de formigón e a súa canalización é deficitaria, mentres que, no caso da segunda, que é de aglomerado asfáltico, ten un colector tamén en mal estado que provoca frecuentes atascos.

Coa fin de solucionar estas eivas, os traballos que se van realizar consisten na dotación de formigón pulido, no que se intercalarán franxas de adoquín, e a colocación das tubaxes de PVC de 315 milímetros de diámetro para recoller as augas da choiva.

O prezo de licitación destas dúas actuacións ascende a un total de 85.133 euros, IVE incluído.

O prazo de execución estableceuse en dous meses. As empresas interesadas en participar neste concurso dispoñen ata o vindeiro xoves día 28 do presente mes de marzo para presentar as súas ofertas.

Trátase de dous proxectos que viñan sendo demandados hai tempo.