El Correo Gallego

Noticia 36 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Licitan os traballos para anchear un vial en Canaveiros

S. S.   | 25.06.2019 
A- A+

RIBEIRA O Concello de Ribeira vén de sacar a licitación unha nova actuación consistente na mellora do firme dun camiño no lugar de Canaveiros, na parroquia de Oleiros, cun orzamento de 54.253 €. O obxectivo desta obra reside en mellorar o pavimento do vial coa aplicación dunha nova capa de aglomerado aslfáltico en quente, ademais de ampliar o ancho nalgúns tramos.