El Correo Gallego

Noticia 114 de 148 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Linóleos de Picasso no consistorio ribeirense

M. C.   | 10.05.2019 
A- A+

A casa consistorial de Ribeira acolle desde o mércores unha nova exposición formada por corenta e cinco linóleos creados por Pablo Ruiz Picasso, un dos artistas máis fecundos da historia. A apertura da mostra contou coas intervencións do concelleiro David Fernández e de Pastor Rodríguez como director do Museo do Gravado de Artes, de onde provén esta colección.

Os gravados exhibidos foron publicados nun libro de edición limitada do ano 1963 en Barcelona. Tamén algunha destas obras esconde figuras aparecidas en maxistrais composicións do autor malagueño, como o cabalo do Guernica ou a súa esposa, Jacqueline.

David Fernández salientou o feito de que aqueles veciños e veciñas que pasen polo Concello a realizar algunha xestión poderán desfrutar de paso con esta mostra do xenial pintor. Os linóleos de Picasso permanecerán no edificio municipal ata o vindeiro día cinco de xuño.