El Correo Gallego

Noticia 117 de 207 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

En marcha os traballos para conectar as rúas Escaleiras e Carqueixa

Avanzan as obras na rúa das Escaleiras - FOTO: C.R.
Avanzan as obras na rúa das Escaleiras - FOTO: C.R.

ANA LÓPEZ RIBEIRA   | 11.04.2019 
A- A+

Arrancaron no Concello de Ribeira os traballos para abrir un novo vial que servirá para conectar a rúa das Escaleiras, que está formada por 46 peldaños e que ata agora unicamente tiña saída cara a rúa Manzanares, coa Carqueixa. Isto facilitará unha segunda saída pola estrada Romero Ortiz. A actuación está a ser efectuada pola empresa Marqués de Marancán, SL e ten un investimento de 18.741 euros e un prazo de execución de mes e medio. Para que esta intervención fora posible, cómpre lembrar que o consistorio adquiriu nesta mesma lexislatura dúas parcelas de 209 e 115 metros cadrados respectivamente. Agora, o que se pretende é desbrozalas, demoler muros e alambradas e acondicionar a explanada resultante con zahorra artificial e unha capa de bituminosa en quente. De igual xeito, vaise suplantar a condución de saneamento por outra liña no novo vial con 72 metros de tuberia SN4 e catro pozos de rexistro. A actuación era moi demandada polos veciños do entorno posto que deste xeito gañarán en accesibilidade e mobilidade e contarán cun acceso rodado para unha emerxencia.

Dito proxecto xa fora aprobado no pleno extraordinario celebrado en agosto do ano pasado, xunto a outras obras, asfaltados e saneamentos aos que se destinou un total de 1,7 millóns de euros. Sete meses despois de dárselle luz verde, están en marcha.