El Correo Gallego

Noticia 23 de 285 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Paco Casal expón 30 obras da súa colección "Momentos"

S. S.   | 18.11.2019 
A- A+

O artista ferrolán, e aguiñense de adopción, Paco Casal (na foto, á esquerda) recala por terceira vez no centro Lustres Rivas de Ribeira. Desta volta, ca exposición Momentos, formada por 30 obras variadas en canto a técnica: acrílicos e gravados sobre linóleo, gravados 3D sobre papel artesanal, ao ácido ou en talla PVC, toneis con pintura sintética e esmaltes para exterior, etc. Pode verse ata o 4 de xaneiro.