El Correo Gallego

Noticia 58 de 291 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Palmeira repartirá unha tonelada de polbo na exaltación da fin de semana

Este ano a encargada do pregón é a oncóloga e investigadora local Manuela Gago

S. S.   | 22.08.2019 
A- A+

Ribeira. A parroquia ribeirense de Palmeira celebrará esta fin de semana a sexta edición da Festa do Polbo, na que se prevé vender unha tonelada dese produto entre os comensais que se acheguen á carpa que se instalará no porto.

Unha vez máis, o pulpeiro Manuel Veloso estará ao mando dos fogóns. A prestixiosa oncóloga e investigadora local Manuela Gago Domínguez será a encargada de ofrecer o pregón da festa o sábado día 24 ás 20.00 horas. Antes, a xornada abrirá con pasarrúas a cargo da charanga Os Atrevidos e do grupo de gaitas Xiada. Ó mediodía haberá unha sesión vermú con Liantes de Artes, mentres que ás 19.30 actuarán Xalunde e Xiada. Pola noite, a partir das dez, Rokolas ofrecerá un concerto.

O domingo haberá un pasarrúas a cargo de O Rueiro. Ó mediodía, a formación Versus animará a sesión vermú, mentres que ás oito da tarde terá lugar unha exhibición de kárate-kempo a cargo do Club Kempo Barbanza. Porá o broche final á festa o concerto de Pan de Leña, ás dez da noite.

Emilio Pérez

tenente de alcalde de ribeira

"O primeiro ano, a carpa era de 250 m2 e, a desta sexta edición, é de 1.400"