El Correo Gallego

Noticia 37 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Premian un plan formativo do colexio de Palmeira

S. S.   | 25.06.2019 
A- A+

RIBEIRA A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional entregou ó CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira) un dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2018, que recoñecen a calidade dos plans formativos deseñados por colexios e institutos. O centro acadou un dos galardóns polo proxecto Enfoque TIC. A iniciativa, que foi desenvolvida en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación, afonda na integración didáctica das tecnoloxías da información e a comunicación a través da elaboración de contidos dixitais para educación infantil, edición de vídeos... Ca implicación de toda a comunidade educativa, creou un Patio Sensorial para o que xerou gran cantidade de materiais manipulativos.