El Correo Gallego

Noticia 73 de 207 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Promoven dende o CIM de Ribeira un concurso contra os estereotipos de xénero

E. P. RIBEIRA   | 14.05.2019 
A- A+

O Centro de Información á Muller (CIM) de Ribeira promove un concurso de tweets contra os estereotipos de xénero co obxectivo de sensibilizar á poboación ante a necesidade de erradicar esas crenzas fortemente arraigadas acerca de como deben ser os homes e mulleres, simplemente polo seu sexo. Poderá participar no mesmo calquera persoa de entre 14 e 18 anos do municipio, establecéndose un máximo de tres tweets por persoa. Os chíos poderán conter frases, diálogos, microrrelatos ou calquera outra forma de expresión artística que potencie a sensibilización contra os estereotipos de xénero e expresen o rexeitamento a esa forma de perpetuar a desigualdade. Valorarán a orixinalidade, o estilo, a creatividade, a redacción e o impacto da mensaxe. Para optar ao premio, os participantes teñen que citar o perfil @CimRiveira e o hashtag #RachaEstereotipos. Ademais, deberán enviar un correo a igualdade@riveira.com co seu nome e apelidos, DNI, número de teléfono e tweet. O prazo conclúe o 5 de xuño e recibirán un diploma e galardón, unha tableta e un altofalante, os dous primeiros premiados respectivamente.