El Correo Gallego

Noticia 46 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Reunión co sector bateeiro para tratar a dragaxe do Lérez

Quintana lembrou que o proxecto está en fase de tramitación e que hai en marcha 17

De frente pola esquerda, Rodríguez, Quintana a Durán durante o encontro - FOTO: ECG
De frente pola esquerda, Rodríguez, Quintana a Durán durante o encontro - FOTO: ECG

MARTA TORRES   | 02.07.2019 
A- A+

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo onte unha reunión con representantes das principais asociacións de bateeiros de Galicia e do Consello Regulador do Mexillón na que abordou o proxecto de dragaxe do río Lérez, en Pontevedra, e lles explicou o punto de tramitación no que se atopa.

O Executivo galego convocou este encontro ante a preocupación mostrada polo sector e para aclarar directamente as dúbidas manifestadas nas últimas semanas sobre esta actuación, que está pendente de realizar desde hai varios anos e que é "unha máis das moitas que habitualmente se fan en toda a costa galega".

A titular de Mar insistiu en que o proxecto aínda non está completo e que non se empezaron a extraer áridos. A representante de Xunta reiterou que unha vez que estea elaborado, con todas as analíticas feitas, comezará a fase de exposición pública, na que todos os interesados poderán comprobar os datos dunha dragaxe que prevé o depósito dos áridos nun dos puntos xa autorizados desde 1998. "É un proxecto máis, e non son capaz de comprender por que suscita esas mentiras que se verteron acusándonos de levar lodos altamente contaminantes a Sálvora. Os mesmos bateeiros, que están todos os días pola ría, poden acreditar que é todo falso. Nin se están facendo depósitos en Sálvora nin Portos de Galicia é o que ten que autorizalos", aseverou tralo encontro, no que estivo acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, e polo presidente da entidade portuaria, José Juan Durán.

Rosa Quintana lembrou que "nestes momentos estamos con outros 17 proxectos xa en marcha".