El Correo Gallego

Noticia 9 de 291 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira acolle cursos de arte floral, cociña e cerámica

S. SOUTO   | 09.12.2019 
A- A+

O Concello de Ribeira organiza obradoiros de arte floral, cociña e cerámica de Nadal. O primeiro, gratuíto, será en oito parroquias: Carreira (xoves 12, na casa de cultura); Corrubedo (venres 13, no centro social); Artes (sábado 14 no centro recreativo); Palmeira (luns 16 na Sociedade Hijos de Palmeira); Oleiros (martes 17, no centro social); e nas casas de cultura de Aguiño (18), Castiñeiras (19) e Olveira (20).

En canto aos talleres de cociña, haberá un os días 16 e 17 e outro os días 18 e 19 nas aulas da rúa Colón e custan 5 €. O auditorio acollerá dous de cerámica: un, o luns 16 e o martes 17 e outro o mércores 18 e o xoves 18. O prazo para anotarse abre hoxe no centro Lustres Rivas.