El Correo Gallego

Noticia 135 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira acolle un curso sobre a linguaxe de signos en maio

SUSO SOUTO RIBEIRA  | 24.04.2019 
A- A+

Durante o vindeiro mes de maio, o viveiro de empresas de Ribeira acollerá unhas xornadas gratuítas da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. A primeira terá lugar o día 3, de 16.30 a 20.30 horas, e versará sobre o manexo do estrés e a ansiedade, mentres que o 31, no mesmo horario, celebrarase a de iniciación á linguaxe de signos.

As persoas interesadas poden anotarse presencialmente no Servizo de Orientación Laboral do Concello ata o 26 deste mes. As prazas asignaranse por orde de inscrición (unha persoa só pode tramitar como máximo dúas solicitudes).