El Correo Gallego

Noticia 131 de 207 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira complementa con música, teatro e contos a Mostra de Monicreques

Terá lugar os sábados deste mes e arranca o día 6 no auditorio con 'Dona barriga verde'

S. S.   | 03.04.2019 
A- A+

A Mostra de Títeres de Ribeira alcanza este ano a súa duodécima edición cun animado programa que constará de catro espectáculos nos que se mesturan distintas disciplinas, como a música, o teatro na rúa, os contos e, por suposto, os monicreques.

As catro compañías galegas participantes (Larraitz Urruzola, Seisdedos, Alakrán e Fantoches Baj) actuarán os sábados do presente mes de abril a partir das sete da tarde no auditorio municipal, a excepción da segunda das agrupacións citadas, que o fará na céntrica Praza da Porta do Sol, cadrando coa celebración da Festa da Xuventude. Así, a primeira función terá lugar o día seis coa obra titulada Dona barriga verde. As seguintes serán o 13 (O galo Quirico e os seus amigos); o 20 (Circo galaico); e, finalmente, o 27 (Fábula galénica).

Cabe sinalar que algúns dos bonecos están feitos de fíos e, outros, de cartón.

As entradas serán gratuítas ata encher aforo e poderán retirarse media hora antes do inicio das sesións na billeteira do complexo.

O ciclo foi presentado onte polo concelleiro de Deportes, Anxo Orellán, que destacou que se trata do máis antigo da comarca do Barbanza. Por outra banda, nos vindeiros días presentaranse as actividades previstas polo Concello para a celebración do Día Internacional do Libro.