El Correo Gallego

Noticia 24 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira convocou unha bolsa de emprego extra de auxiliares administrativos

S. S.   | 14.06.2019 
A- A+

O BOP publicou onte a convocatoria dunha bolsa de emprego de auxiliares administrativos para atender as necesidades dos diferentes servizos do Concello de Ribeira derivadas da acumulación de tarefas, incapacidades temporais, maternidade, paternidade, vacacións, etc., que non poidan ser atendidas polas persoas que con carácter permanente os atenden.

A inclusión na bolsa non supón en si mesma un dereito á contratación, sendo exclusivamente a súa función a de servir de relación ordenada e baremada de quenes poidan ser chamados para a mesma. O prazo para presentar solicitudes é de dez días hábiles.