El Correo Gallego

Noticia 89 de 148 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira fomenta a creatividade dos mozos con Express-Arte

Servizos Sociais habilita un espazo para a expresión artística no que os rapaces de 11 a 18 anos interactuarán con familiares

Unha moza realizando unha actividade artística no Espazo Xuvenil de Ribeira - FOTO: ECG
Unha moza realizando unha actividade artística no Espazo Xuvenil de Ribeira - FOTO: ECG

SUSO SOUTO   | 23.04.2019 
A- A+

A concellaría de Servizos Sociais de Ribeira vai poñer en marcha un innovador proxecto de ocio comunitario que, baixo o título deExpress-Arte, ten como obxectivo promover o potencial creativo e expresivo dos adolescentes a través do achegamento a técnicas artísticas e, complementariamente, a realización de actividades lúdicas xunto cos seus familiares.

Esta iniciativa, financiada polo Concello, o Fondo Social Europeo e a Consellería de Política Social, está dirixida a persoas que forman parte do Programa de Educación Familiar.

Inclúe, en primeiro lugar, un obradoiro de expresión artística, que terá lugar todos os xoves de 17.00 a 20.00 horas no edificio do mercado municipal.

Dito taller nace dun novidoso concepto que nada ten que ver coas clases de manualidades e de plástica típicas dos colexios. Nel participarán usuarios con idades comprendidas entre os 11 e os 18 anos, que terán á súa disposición materiais plásticos para que, a través de diferentes dinámicas, vaian descubrindo novas formas de expresarse.

E, en segundo lugar, organizarase unha vez ó mes unha acción de ocio en familia na que o grupo de asistentes interactuarán non só entre si, senón tamén cos seus irmáns, pais, etc. A primeira delas levarase a cabo en maio.

Os interesados deben inscribirse previamente no citado plan educativo.