El Correo Gallego

Noticia 16 de 60 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira licita a renovación integral das rúas do Mar e da Volta, en Castiñeiras

Actualmente teñen o firme de formigón e as redes de fibrocemento para fecais e pluviais

S. S.   | 12.03.2019 
A- A+

Ribeira. O Concello de R­ibeira abriu o prazo de licitación dunha nova actuación consistente na pavimentación e renovación de servizos nas rúas do Mar e da Volta, ambas situadas na parroquia de Castiñeiras. Cun orzamento de 127.405 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de tres meses, o proxecto abrangue un área de actuación formada por un conxunto de vías de trazado irregular e anchura variable cun pavimento de formigón que presenta danos notables, como disgregacións e socavóns.

Ademais, en ambos casos as redes de abastecemento son de fibrocemento e carecen de alcantarillado, circulando as augas residuais e pluviais por un mesmo colector de formigón.

A tal efecto, vanse renovar o asfalto e os servizos municipais existentes remplazando a canalización do citado suministro por outra de polietileno de alta densidade de 75 milímetros de diámetro; colocando para a de fecais un colector de PVC liso de 315 milímetros de diámetro; e, para recoller as escorrentías da chuvia, colocando polo centro da calzada colectores de PVC de 315 milímetros de diámetro e construindo sumidoiros sifónicos de formigón prefabricado.

As empresas interesadas neste concurso público poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro voves día 28 de marzo.