El Correo Gallego

Noticia 238 de 246 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira organiza un obradoiro de artes plásticas para maiores sobre o cubismo

S. S.   | 25.02.2019 
A- A+

A concellería de Servizos Sociais do Concello de Ribeira abriu o prazo de inscrición do obradoiro de artes plásticas incardinado no Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores. Esta iniciativa, que terá como docente un ano máis ao artista Fernando Yáñez, celebrarase durante os meses de marzo, abril, maio e xuño no Espazo Xuvenil (edificio do mercado municipal de abastos) con clases os martes e os xoves en horario de 11.00 a 13.00 horas.

Nesta edición, o proxecto educativo xirará en torno ao cubismo, utilizando como referencia diferentes creacións de Picasso, Braque, etc. No transcurso da actividade, os asistentes recrearán diferentes obras, entre elas un mural elaborado de xeito colectivo actualizando un dos bodegóns de Juan Gris, mestre de cubismo analítico. Ao rematar, organizarase unha exposición no mes de xuño na que se exhibirán os distintos traballos realizados. As persoas maiores do municipio ribeirense interesadas en participar poden anotarse no citado departamento, chamando ó número 981 874 131 ou enviando un email a servizossociais@riveira.com).