El Correo Gallego

Noticia 122 de 285 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira pecha con teatro, entradas a concertos e sorteos a ruta de tapas de Arousa-Norte

S.S.   | 29.11.2019 
A- A+

A quinta edición da ruta Arousa-Norte + que tapas remata esta fin de semana nos locais participantes do Concello de Ribeira. Comezará hoxe venres ás oito da tarde e durará ata as once da noite. O público poderá degustar as propostas gastronómicas dos hostaleiros por un prezo de 2,50 euros nos locais Cocoluche, A Bodega, Esmorga, A Recoveira, O Tear, O Niño do Cuco e Alján.

Mañá sábado e o domingo, seguirá en horario de mañá (de 12.00 a 14.00) e de tarde (de 20.00 a 23.00). Como actividade complementaria, hoxe ás 21.30 horas no auditorio municipal poderase ver o espectáculo Elisa e Marcela e mañá, dende o mediodía ata as dúas da tarde, o sumiller Juan Figueroa Treus aconsellará aos clientes dos establecementos que viño tomar con cada petisco.

Para a apertura da ruta, os tres primeiros clientes en pedir unha tapa nos establecementos participantes terán como premio unha entrada para o concerto que Juan Maeso ofrecerá mañá na sala Pousada da Galicia Imaxinaria, en Boiro. Ademais, os consumidores entrarán nun sorteo de catro bonos gastronómicos e un concerto exclusivo que terá lugar antes de que finalice este ano.