El Correo Gallego

Noticia 53 de 188 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira recopila fotografías para difundir a súa historia

M.T.   | 15.05.2019 
A- A+

O Concello de Ribeira, a iniciativa do museo municipal e en colaboración co arquivo da localidade, promove a recuperación da memoria fotográfica e documental coa creación dun arquivo fotográfico histórico. O obxectivo é reconstruír, conservar e transmitir ás xeracións vindeiras a memoria colectiva da cidade a través da recuperación, preservación, salvagarda e difusión do patrimonio, de todas as parroquias e en todos os seus ámbitos sociais e culturais, facéndoa accesible a todo aquel que a queira desfrutar. Por iso solicitan a colaboración da veciñanza, que poden facer as achegas dos documentos tanto de forma presencial como por correo postal. O museo realizará a dixitalización dos mesmos e procederá a devolución dos orixinais.