El Correo Gallego

Noticia 118 de 148 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira reforza a seguridade entre as rúas Lugo e Correos

actuación Imaxe do aspecto que presenta
actualmente o solar da rúa de Lugo no que o Concello de Ribeira está levando a cabo uns traballos cos que mellorará a seguridade na contorna,
ao igual que na Rúa Correos - FOTO:  C. de Ribeira
actuación Imaxe do aspecto que presenta actualmente o solar da rúa de Lugo no que o Concello de Ribeira está levando a cabo uns traballos cos que mellorará a seguridade na contorna, ao igual que na Rúa Correos - FOTO: C. de Ribeira

M. C.   | 12.05.2019 
A- A+

RIBEIRA O Concello de Ribeira iniciou unha actuación coa que reforzará a seguridade no contorno do solar situado entre as rúas Lugo e Correos. Trátase dunha parcela na que existe un edificio en construción en fase de estrutura que quedou paralizado a raíz do falecemento do seu promotor. Co obxectivo de eliminar os riscos existentes, vaise a levantar un muro de contención para evitar o deterioro de parte da rúa Correos, así como a realización das operacións de limpeza de maleza precisas no frente deste mesmo camiño. Asemade, sanearase o actual peche de malla metálica, reporase parte da varanda que protexe o perímetro da escavación e adoptaranse outras accións que redunden no ornato, salubridade e seguridade. Nestes traballos investirán 15.114€.