El Correo Gallego

Noticia 59 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira renovará a canalización de pluviais do polígono de Xarás

Actualmente dispón dunha rede deficitaria que rexistra continuas avarías, o que fai que a auga anegue as rúas

S. S.   | 23.07.2019 
A- A+

Ribeira. O Concello de Ribeira licitou a instalación dunha rede de pluviais na avenida Ramiro Carregal do polígono industrial de Xarás, cun orzamento de 217.151 €. Actualmente, esta área industrial dispón dunha canalización deficitaria que rexistra ocasionalmente avarías, circulando a auga da chuvia pola calzada.

Co obxecto de evitar esta situación, proxéctase unha nova tubaxe dispoñendo un colector por cada unha das marxes das rúas principais do recinto empresarial, de PVC corrugado de 400 milímetros de diámetro. Ademais, nos cruces de colectores situaranse pozos de rexistro e tamén se instalarán acometidas de pluviais aos inmobles. O prazo de execución é de tres meses. As empresas interesadas en presentar ofertas teñen ata o 5 de agosto.

Por outra banda, ao abeiro dunha achega concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, está prevista tamén unha segunda actuación na zona consistente na renovación do pavimento nas beirarrúas e na calzada dun tramo da mencionada vía. O seu custe desta actuación ascende a 119.600 euros, IVE incluído.