El Correo Gallego

Noticia 47 de 188 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira e O Son terán wifi gratis e de alta velocidade no espazo público

E. P.   | 18.05.2019 
A- A+

Porto do Son. Os concellos de Ribeira e Porto do Son acaban de ser seleccionados pola Unión Europea como un dos cincocentos dez municipios españois, e uns dos 3.400 do continente, que disporán de Wifi gratuíta de alta velocidade en espazos públicos. Cada unha das localidades escollidas recibirá unha axuda de 15.000 euros para financiar as instalacións das conexións.

Esta iniciativa enmárcase no programa Wifi4EU, cuxo orzamento, co obxecto de apoiar as conexións de alta velocidade como mínimo de 30 megas, ascende a 120 millóns de euros. Ambos municipios da Barbanza presentaron unha solicitude na convocatoria aberta ao respecto en abril. Agora teñen un prazo máximo de dezaoito meses para definir o proxecto de instalación, e seleccionar en que espazos concretos se vai instalar este servizo.