El Correo Gallego

Noticia 99 de 142 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira subvenciona a contratación de alumnos da escola-taller Tahúme

Dende o Concello vaise financiar con 9.000 € a colocación de seis alumnos

Alumnos do obradoiro Tahúme V, na inauguración - FOTO: Concello de Ribeira
Alumnos do obradoiro Tahúme V, na inauguración - FOTO: Concello de Ribeira

SUSO SOUTO RIBEIRA  | 26.04.2019 
A- A+

O Concello de Ribeira vén de convocar a concesión de axudas a modo de incentivos para a contratación temporal por conta allea de alumado pertencente ao obradoiro de emprego Tahúme V.

A finalidade é facilitar a empregabilidade e ocupabilidade dos participantes nestes talleres duais de emprego, que está cofinanciados pola Xunta. Os contratos terán unha duración mínima de tres meses a xornada completa e os beneficiarios dos incentivos poden ser persoas ou empresas cuxa actividade estea directamente relacionada coas especialidades que se están impartindo: traballos de carpintería e moble e actividades auxiliares en mellora e conservación de montes.

As subvencións ascenden a 9.000 € e o número máximo de contratos que se van subvencionar serán seis (1.500 € por traballador). Os interesados dispoñen dun mes para solicitalas. As bases reguladoras están publicadas na páxina web municipal.

O taller principiou en setembro e durará nove meses. É compartido polos concellos ribeirense e sonense e nel estanse a formar vinte alumnos-traballadores (dez en cada unha das especialidades).