El Correo Gallego

Noticia 50 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Ribeira vai investir máis de 119.000 € en renovar o pavimento no polígono

M. CANO   | 04.07.2019 
A- A+

Ribeira. O Concello de Ribeira investirá 119.600 euros na renovación do pavimento en beirarrúas e calzada nun tramo da avenida Carregal Rey, no polígono industrial de Xarás, dando continuidade a outra intervención semellante emprendida o outono pasado. A actuación conta cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta.

As beirarrúas e a calzada onde se centran os traballos están pavimentadas actualmente en formigón en masa e presentan un estado deteriorado. Por esta razón, botarase unha capa de formigón de vinte centímetros de espesor e pavimentarase a calzada con aglomerado asfáltico en quente.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de prazo ata o día 9 de xullo.