El Correo Gallego

Noticia 61 de 241 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Rosario Flores actuará o sábado 3 nas festas do verán ribeirenses

No programa figuran tamén Maldita Nerea e Milladoiro // O actor Luis Iglesia lerá o pregón

A edil María Sampedro, onte flanqueada por Sergio Paz, esquerda, e José Alonso - FOTO: C.R.
A edil María Sampedro, onte flanqueada por Sergio Paz, esquerda, e José Alonso - FOTO: C.R.

SUSO SOUTO RIBEIRA   | 24.07.2019 
A- A+

A banda Maldita Nerea, a cantante Rosario Flores e o grupo Milladoiro acturán os videiros días 2, 3 e 4, respectivamente, nas festas do verán de Ribeira, que arrancarán o mércores 31 co pregón de Luis Iglesia (actor en series como Matalobos ou Libro de familia).

A concelleira de Cultura, María Sampedro, o presidente da comisión, José Alonso, e Sergio Paz, membro deste colectivo, presentaron a programación.

Outro dos momentos máis agardados será a procesión do Carme, que por segunda vez principiará na nova lonxa cunha misa solemne (o sábado 3 ás 18.30 horas) cantada pola Coral do Círculo Mercantil. Como novidade, a imaxe de San Pedro, patrón dos mariñeiros, sairá á rúa e acompañará á da Virxe despois de máis de 60 anos sen facelo.

Ambas tallas embarcarán no Boteira Primero, buque que encallou en maio en Aguiño e que, despois de superar este incidente, se ofreceu para este traslado.As atraccións de feira funcionarán aínda o luns 5.