Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ruiz recibe a 28 nenos lusos no marco dun intercambio

Realizan o troco escolar co colexio O Grupo // A viaxe forma parte do programa Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

    Un grupo de vinte e oito nenos e nenas de 5º de Primaria procedentes de Santa María da Feira, localidade portuguesa próxima a Oporto, recalaron onte no Concello de Ribeira no marco dun programa de intercambio escolar co colexio O Grupo. Esta viaxe forma parte do programa de educación do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e prolongarase ata hoxe.

    Os rapaces e os seus mestres foron recibidos ao mediodía na casa consistorial polo alcalde Manuel Ruiz e polo concelleiro de Educación, David Fernández, quen lle desexaron unha agradable e frutífera estancia na cidade. Tamén estiveron no evento membros do profesorado do colexio ribeirense, entre eles o seu director, Anxo Corbelle, e medio cento de alumnos de 5º de Primaria deste centro, que no mes de xuño viaxarán á citada localidade portuguesa.

    "Temos que agradecer aos dous equipos directivos de mestres que quixeran participar neste proxecto, co que estes rapaces poderán visitar tanto o colexio como o municipio. Posteriormente serán os de aquí os que viaxen a Santa María" afirmou o rexedor, quen destacou que "isto axuda á formación do alumnado, que coñece dúas realidades".

    Os lusos, que pernoctaron nun camping rural, están desfrutando agora dunha intensa axenda con visitas ao parque de San Roque, o dolmen de Axeitos, o parque natural de Corrubedo ou o museo municipal, entre outros enclaves.

    09 may 2019 / 22:43
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito