El Correo Gallego

Noticia 26 de 285 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

RIBEIRA

Sacan a licitación as obras do colexio de Palmeira

M.T.   | 26.11.2019 
A- A+

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma Contratos de Galicia a licitación da rehabilitación enerxética do CEIP de Palmeira (Ribeira) por un importe de 634.507 €. A actuación centrarase en mellorar a eficiencia enerxética do centro mediante a aplicación de illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS, a substitución das actuais fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio e a instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética. Todas estas medidas supoñen un aforro anual do 39,57 % en consumo de enerxía primaria e do 41,88 % en emisións de CO2. A Consellería prevé rematar o proceso de licitación e adxudicación de obras antes do vindeiro mes de xuño.