El Correo Gallego

Noticia 187 de 210 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

RIBEIRA

Trinta e un autónomos do Barbanza recibiron axudas

E. P.   | 05.03.2019 
A- A+

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixo balance da orde de axudas do Bono Autónomo na comarca do Barbanza no 2018, "na que recibiron esta achega 31 persoas, destinando en total máis de 60.000 €". Poden beneficiarse delas os traballadores que conten cunha antigüedade superior aos 42 meses, que teñan uns rendementos netos reducidos inferiores aos 30.000 € ao ano e unha facturación mínima anual de 12.000 euros. O representante do Goberno galego sinalou que "con medidas como esta ou coa creación da Oficina do Autónomo a Xunta trata de facer que traballar por conta propia en Galicia sexa cada vez menos difícil e haxa menos cargas administrativas". Tamén lembrou que ata xullo segue aberta a convocatoria.