El Correo Gallego

Noticia 14 de 273 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Unha vintena de participantes no curso de Protección Civil en Ribeira

Está organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública e finalizará o día 27

Alumnos e alumnas no acto de apertura - FOTO: C. de R.
Alumnos e alumnas no acto de apertura - FOTO: C. de R.

M. T.   | 21.10.2019 
A- A+

Unha vintena de alumnos e alumnas comenzaron a pasada fin de semana a súa aprendixaxe nun curso básico de Protección Civil organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública en Ribeira, o cal proseguirá os días 25, 26 e 27 de outubro.

O acto de apertura da formación tivo lugar no Centro Cultural Lustres Rivas e contou coa participación de Víctor Vázquez, xefe do servizo de emerxencias na Coruña da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta; Víctor Reiriz, concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello; José Francisco Parente, presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira; Francisco Sánchez, presidente de honra desta mesma agrupación; e Marcos Fernández, responsable do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM).

O curso conta con alumnado procedente de distintos puntos da comarca e outros territorios como Padrón, Ames, Mazaricos ou Carnota. Constará dunha parte teórica e outra práctica, abarcando diversas temáticas como extinción de incendios urbanos e forestais, primeiros auxilios, comunicacións, igualdade ou accidentes de tráfico.